Galego from esperanzavd2
jueves, 4 de abril de 2013
lunes, 1 de abril de 2013
A FOTOGRAFÍA: PARTE DA NOSA CULTURA.
É sorprendente como en moi pouco
tempo a túa vida pode chegar a
cambiar tanto.
http://www.flickr.com/photos/esperanzavd/
Exactamente dende o instante que me chamou a atención o son que facía a cámara ao sacar unha fotografía, dinme conta de que ese aparello íame gustar e que podía ser algo interesante para
investigar e acercarme a distintas situacións con ela. Por iso en cada viaxe
que facía coa miña familia quería levala e disparar algunha instantánea coa axuda dos meus pais, amantes desta arte.
O tempo foi pasando e, polo tanto, a vida. Tecnoloxías e, á vez unha mesma, imos avanzando e cambiando en cada instante do noso existir. Doume conta cada día de que o mundo
da fotografía ten algo especial que me atrapa e me impide
deixalo. As cámaras xa non son o que eran e incluso, unha vez chegados a este punto, as expectativas
de cada un van cambiando.
O seguinte paso foi mercar a miña cámara
dixital coa que puidera sacar as miñas fotos sen depender de ninguén e cando eu
quixera. Cando vin que os meus obxectivos non os conseguía con este aparello, e
tiña cada vez máis claro que quería avanzar neste universo, os meus pais decidiron
mercar outra cámara de maior capacidade para poder seguir aprendendo e conseguir o que eu desexaba.
Cando parecía estar todo moi claro respecto a este “hobby” ,apareceu unha persoa na miña vida e fixo a suxestión de por que non
colgaba o meu traballo nunha rede social onde todo o mundo puidera velo sen
problema. Ao principio tiven que pensalo moito, posto que non estaba segura de
que se iso era o que verdadeiramente quería e supoño que tamén me freou un
pouco o vergonzosa que son e todo o que iso podía supoñer.
O caso é que un día, cando vin que podían ter algo especial as diferentes fotografías que comezaba
a facer, decidín crear unha conta en flickr para que todos puideran velas.
Ao comezo era poucos os que me seguían e facían comentarios sobre elas pero, co paso do tempo, fun atopando xente que se interesou polo
meu traballo e comezou a estar pendente del, o que me fixo ver que había
persoas que realmente estaban interesadas en que seguira subindo fotos á
páxina, sendo iso unha experiencia moi gratificante: poder ver que a xente estaba a disfrutar con el.
Dinme conta de que o seguinte que tiña que facer era algo que permitira amosar
todo o meu esforzo e traballo á xente que me arrodea e aprecia para poder compartir con eles as miñas fotografías.
Deille moitas voltas ata que decidín arriscarme e montar unha exposición para
toda a xente de Ferrol que quixera ver o meu traballo.
Moitas veces dicimos que as cousas sen pensar son as mellores e, neste caso,
en menos de dous meses tiña a miña exposición montada e inaugurada nun día moi especial das vacacións de Nadal, podendo
así acadar
un soño que tiña, dende había un
tempo, na miña mente.
Dende ese instante unha ten que madurar, deixar a vergonza fóra e
comprender que se abre unha porta cara
ao futuro. Con esforzo e traballo fun quen de controlar a situación, seguir
cara adiante, obtendo una aceptación moi cálida de todo o público que se
achegou a vela, das diferentes persoas que me axudaron a realizar a escolma das
fotografías para expoñer, as críticas que recibín para poder seguir aprendendo (algo moi importante para min),
coñecer xente nova deste mundo, a cal a
día de hoxe segue o meu traballo… noutras palabras, unha experiencia moi bonita
e especial , algo que non vou esquecer posto que a día de hoxe a miña vida non tería sentido sen esta arte xa que é
unha forma moi adecuada para plasmar os
meus sentimentos.
Como en todas as situacións da vida, houbo persoas que aceptaron isto
mellor que outras,algunhas por ciumes e outras porque non entenderon o que eu
quería transmitir.
Cando remataron os días da expo pensei
que de momento era o máis importante ao
que podía chegar pero estaba equivocada posto que diferentes persoas que visitaron a miña obra quixeron que levara
a exposición a diferentes lugares, un deles
o meu centro de estudos no cal estanse
a portar moi ben diferentes profesores que me coñecían por darme clase en anos
anteriores e que agora estanme a axudar para poder conseguir novos retos como
por exemplo unha entrevista para o xornal “La Voz de Galicia”, coñecer a
diferentes fotógrafos profesionais ou unha entrevista na emisora de RadioVoz…diferentes situacións que fan que, a día de
hoxe, a miña vida cambiara positivamente, aprendendo día a día nisto que me gusta tanto
e, sobre todo, ser quen de moverme en diferentes medios que están a conseguir que cada vez teña máis
seguridade e medre como persoa, algo moi
importante para o meu futuro.
Grazas á fotografía vinculeime cos diferentes
aspectos que forman parte da nosa cultura
galega: as feiras típicas de pobos que
levan vivas toda a vida; as festas de toda a nosa xeografía, os restos arqueolóxicos
dos nosos antergos, a nosa etnografía, os nosos monumentos, a nosa gastronomía,
a nosa música e o máis importante para a cultura dun pobo: a nosa lingua.
Desexo que no futuro o meu traballo
fotográfico poida reflectir diferentes aspectos da nosa cultura galega e sexa
recoñecido pola súa calidade e
sentimentos que aporta. Poñerei da miña man toda a ilusión e esforzo xa que a
miña aprendizaxe non fixo máis que comezar.
Aquí podedes ver o enlace a noticia do xornal unha
presentación cunhas cantas fotografías e a miña dirección de flickr coa primeira
colección que fixen para a exposición:
http://www.flickr.com/photos/esperanzavd/
Desexo que vos guste o meu traballo e poidades disfrutalo!
domingo, 3 de marzo de 2013
A MIÑA CIDADE.
O
tempo pasa e as persoas e
as cousas cambian, como suceden na seguinte historia.
Son
unha rapaza de dezasete anos que vive en Ferrol, unha cidade costeira
situada no norte de Galiza e que, dende o meu nacementeo, sufriu
moitos cambios, algúns para ben e outros para mal.
Se
un mira as guías de turismo que se atopan nas axencias de viaxes,
todas falan de Ferrol como unha cidade que merece a pena visitar
polas diferentes paisaxes do seu contorno ou as diferentes festas
que se celebran ao longo do ano e que non se atopan noutra parte de
Galiza como a celebración da Semana Santa, coas súas
espectaculares procesións, ou a Noite das Pepitas, onde diferentes
rondaias cantan pola rúa creando unha sensación de ledicia para
toda a cidadanía, e moi especialmente para todas aquelas rapazas que
son as afortunadas de ser as súas madriñas e ter unha noite adicada
para elas.
A
simple vista todo é marabilloso pero dende 1995 as cousas cambiaron
moito nesta cidade, desaparecendo moitas empresas, negocios e tendas
que a formaban e que, a día de hoxe, no 2013 xa non exisiten.
Recordo
que de pequena ía pasear pola rúa cos meus pais ou a miña avoa
para ir ao Cantón. Era algo moi especial porque atopabas a moita
xente na rúa. Respirábase a felicidade no ar. As tendas estaban
abertas e cheas de vida, os pequenos parques infantis ao longo da
cidade estaban cheos de nenos e nenas que, coma min, xogaban nun
ambente de relax e tranquilidade onde as cousas parecía que ían
bastante ben. Había traballo, a cada pouco aparecía unha tenda nova
que traia a cidade novas técnicas ou utensilios que marcaban o
cambio para un futuro como por exemplo as tendas de ordenadores, un
aperello que co paso do tempo nos cambiaría moito a vida.
Na
cidade tiñamos de todo, podías mercar un pantalón, un libro ou
para unha lavadora porque había tendas de todo tipo co suficiente
surtido para poder elexir, dende pequenos supermercados ata o mercado
central, onde había moitos postos e tamén pequenos xornaleiros que
chegaban das súas casas ilusionados para vender os productos da súa
horta. Noutras palabras, pequenos ou grandes detalles que conformaban
unha cidade viva e chea de ilusión.
Agora,
se nos fixamos que é Ferrol na actualidade, penso que en vez de ser
unha cidade viva é todo o contrario: unha cidade morta que pouco a
pouco estase a quedar baleira de tendas, tendo agora que ir aos
centros comerciais da volta para poder mercar o necesario e onde
moitas persoas decidiron cambiar de domicilio para zoas máis
afastadas do centro urbano onde parece que non está todo tan acabado
o que levou a un importante descenso da poboación nos últimos anos.
Na
actualidade non hai moitas zoas verdes ou parques decentes onde os
nenos poidan xogar posto que agora a sociedade céntrase moito máis
noutros intereses que en coidar e desenvolver a ilusión dos rapaces
á hora de disfrutar.
As
tendas están a pechar todas pola falla de cartos e, como
consecuencia, de consumo debido a que estamos inmersos nunha grande
crise económica mundial o que conleva non poder saír da casa no
tempo de lecer para divertirnos no cine, nas cafetarías...e todo
isto o está a sufrir moito a cidade.
Antes
os venres ou fins de semana, sair por Ferrol pola noite era algo
divertido, onde podías atopar a moita xente que coñecías cos que
podias pasar un momento agradable xuntos. Agora, ás oito e media as
poucas tendas que quedan cerran e a xente decide encerrarse nas súas
casas e as rúas quedan desertas, ata o punto de sentir algo de medo
ao camiñar a esas horas por se nalgún momento sucede algo e non
tes a ninguém que che axude.
Outro
tema que envolve esta cidade é o das obras urbanísticas que está a
sufrir dende hai moito tempo, as cales pouco a pouco seguen acabando
con ela como por exemplo a Praza de España: unha praza na que había
a figura dun dictador e en vez de quitala e deixar o resto como
estaba, sen destragar tempo e sen provocar moitos gastos, decidiron
trasladar a estatua e, ao mesmo tempo, levantar toda a praza e facer
unha explanada de cemento sen zoas verdes e cuns buratos profundos
nos que pode haber risco de que a xente sufra un accidente.
Se
nos fixamos na restauración cada vez hai máis locais que nos traen
pratos de fóra e, polo tanto, a consecuencia é acabar pouca a pouco
coa nosa cultura gastronómica pero, polo visto, moi poucos somos
quen de ver esta realidade e non nos alegramos ao ver unha nova
apertura dun restaurante chino.
Estas
e outras preocupacións son as que me fan pensar que somos nós, a
cidadanía, a que estamos a acabar pouco a pouco coa nosa cidade a
cal está nun precipio abismal tendo ,ademaís, un grave problema con
todas esas persoas que a día de hoxe aínda non son quen de ver a
dura realidade que os arrodea.
Gustaríame
volver a dicir que a miña cidade está a remontar e que ,pouco a
pouco, as cousas e o ambiente de felicidade volven a formar parte das
nosas vidas, de todos os ferroláns e ferrolás.
sábado, 2 de marzo de 2013
RÍO BELELLE.
Para algúns só é un camiño pedregoso de difícil
aceso, demasiado longo unha perda de tempo ir si te consideras unha persoa de
cidade.
Para outros só é un sendeiro fermoso, onde poder
dar un paseo, quitar unhas cantas fotografías con alma do entorno, comer un
bocata na parte baixa da cascada ou simplemente un lugar ao cerrar uns segundos
os teus ollos consegue relaxarte.
Persoalmente para min o río belelle é un lugar moi
especial por todo o vivido nel. Dende diferentes rutas con amigos e familia, excursións
co proxecto comenius onde coñecín a moita xente de diferentes partes do mundo e
ata estudos e reportaxes fotográficos das diferentes especies vexetais que
existen nel. Polo tanto falar deste río e como facer un viaxe no tempo no cal
como toda realidade tamén ten as súas
contras o cansacio a hora de facer as rutas o tempo empregado para facer os
estudos, as caídas ao longo do caudal ou simplemente o desgusto que recibín
cando observei a existencia da central hidroeléctrica algo que o único que fai
e estragar o medio ambiente.
Aínda non teño moi claro porque me sucede isto
pero cada vez que vou a dar unha volta a este lugar despertase no meu interior
unha sensación de ledicia que fai que só me acorde dos bonitos momentos pasados
nel onde teño que recoñecer que aprendín moitas cousas.
Pois ben este río está a formar parte da paisaxe
de Galiza, un lugar pouco coñecidos para moitos ata que descobren o segredo e
deciden volver cada pouco tempo polo ben que se está no entorno e polo máxico
que pode chegar a ser posto que cada vez que se visita podes descubrir algo
novo como se reflexa nesta escolma de fotografías onde están as miñas vivenzas
no río.
A FROUXEIRA.
Na vida hai moitos tipos de relacións entre as
persoas, algunhas son de parella e outras, por exemplo, entre pais e fillas, como a que vou contar eu agora.
Nesta historia hai tres personaxes: un pai, unha rapaza e unha praia. Dúas persoas
e un lugar que teñen unha unión e un sentimento moi agradable e especial cando
están xuntas.
Parece imposible que unha das maiores e mellores praias (como é
neste caso a de Valdoviño, ou mellor dito a da Frouxeira, un entorno natural do que goza Galiza) poda conseguir
transportarte a outro universo o tempo no
que estás sentindo a area debaixo dos teus pés ou eses instantes nos que escoitas o ruxir das ondas,
ruxir que chega ao máis profundo do teu corazón.
Cada momento no que podemos escaparnos á nosa praia
para tentar buscar a resposta a moitas das nosas dúbidas que están na nosa
mente, imos. Cando necesitamos manter unha conversa onde ás veces hai boas
novas ou, pola contra, só algunha bágoa derramada, imos . Cando no verán a
marea está baixa e queremos darnos un baño antes de subir a xantar, imos. E cando desexamos
quedarnos ata que a praia está baleira
para ver as marabillosas postas de sol,
facémolo.
Para min cada vez que se fala da Frouxeira é como
facer unha viaxe coa miña mente a un
mundo cheo de recordos dende a miña infancia ata o día de hoxe.
Únenos algo especial ao meu pai e a min con ela,
que somentes nolos dous podemos alcanzar a comprender.
Pero non todo é perfecto. Ás veces este lugar rebélase
e, en vez de aportar boas novas,traizoa e provoca situacións incorrixibles como
as mortes da xente que se leva cando está a facer surf ou a pescar; temporais
que acaban con múltiples vivendas ou desbordamentos na lagoa que acaban con moitos dos bens das familias
que viven preto dela.
Non todo na vida é agradable, hai que aprender a
ver os dous lados da realidade e saber que facer en cada caso para poder chegar a ser
felices.
Grazas a esta marabillosa praia fun capaz de vivir
momentos inesquecibles co meu pai, unha
persoa moi especial na miña vida.
Todo isto, e algún segredo máis, é o que
representa para min esta parte tan bonita
e misteriosa de Galiza, algo con moito significado que sempre me
acompañará ao longo da miña vida e que, dalgunha maneira, quero atrapar nas
miñas fotografías.
jueves, 31 de enero de 2013
10 DE MARZO: O CRIME FOI EN FERROL.
O CRIME
Víuse, camiñando entre fusís,
por unha rúa longa, saír ao campo frío,
aínda coas estrelas, da madrugada.
Mataron a Federico
cando a luz asomaba.
O pelotón de verdugos
non ousou mirarlle a cara.
(Antonio Machado, O Crime foi en Granada)
“A estirpe obriera de
Ferrolterra, homes e mulleres, ocupa un lugar senlleiro no que poderíamos
denominar a Historia da Esperanza. Xente feita coa mellor madeir da humanidade,
nos obradoiros do mar.”
Manuel Rivas.
Rafael Pillado
Lista (San Cibrao- Cervo 1942). Reside en Ferrol desde os dous anos, seguindo
ao seu pai, preso no Castelo de San Felipe, pola súa militancia antifranquista.
Aos 15 anos incorpórase á Escola de Aprendices da
E.N.BAZÁN, empresa onde transcorre a súa
vida laboral até a xubilación. En 1960 afíliase ao PCE, desenvolvendo unha
intensa actividade política e sindical. Participa na fundación das CCOO (o seu
carnet foi o nº2 de Galicia; Xulio Aneiros tiña o nº1). Detido e encarcerado en
varias ocasións, por mor dos sucesos do 10 de marzo de 1972 é procesado polo
TOP no coñecido como Xuízo dos 23, sendo condenado a 7 anos de cárcere, dos que
cumpre 4, até ser amnistiado na transición. Cofundador do PCG, militou despois
na Asamblea para a Universidade dos Comunistas, Partido dos Traballadores e
PSOE.
Na actualidade é
membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e Vicepresidente da
Asociación Cultural Fuco Buxán.
É o personaxe elixido
para narrar,en primeira persoa, os sucesos acontecidos no movemento obreiro de
Ferrol no ano 72.
A mellor maneira
de coñecer e valorar esta revolución,que afectou tanto á nosa cidade e cuxa
factura se pagou coa vida de dous traballadores de Bazán, é escoitando a entrevista que lle fixen a Pillado, na
asociación cultural Fuco Buxán o pasado
sábado, 26 de xaneiro.
Despois de facer
esta entrevista dinme conta de que teño moito que aprender da persoa de Pillado, alguén que ten moi claro o concepto de saír adiante na vida a pesar de atopar
obstáculos no medio do camiño e, sobre todo, que claras ten as súas
ideas e como fai todo o posible para poder conseguir o que quere, saíndo á rúa
para loitar ou poñer todo de seu para axudar aos seus compañeiros cando o
necesitan.
Por outra banda
hai que destacar a amabilidade que tivo á hora de empregar o seu tempo para
responderme a estas cuestións, tempo moi
apreciado debido á grave enfermidade que padece na actualidade, tal e como me dixo: “
case morro o 22 de novembro, e aínda así estamos aquí”.
É de destacar o seu compromiso coas diferentes mobilizacións que
atopamos na comarca para poder axudar a
conservar a súa existencia, como por exemplo estar a apoiar o movemento que está en contra da planta de gas, coñecido polo seu lema “Planta de gas fora da ría”, do cal forma parte.
Segundo
a recente obra que escribiu, titulada “ O latexo da vida e da conciencia”, caben destacar as numerosas presentacións que se están a realizar por diferentes
lugares (Ferrol,
Valdoviño, Madrid ou Barcelona). Son de admirar as intensas ganas que ten de seguir a escribir a segunda parte deste libro, o cal vai tratar
sobre a súa vida, unha vez que saíu do cárcere.
Por último, quero engadir que a entrevista a Rafael me gustou especialmente porque me transmitiu a súa ilusión por poder escribir, nun futuro, unha terceira obra para completar a triloxía onde se conte a súa vida e a do seu pai, nos anos nos que os dous coincidiron na historia, unha
homenaxe moi emotiva por todos os sentimentos que a acompañan.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)