domingo, 4 de noviembre de 2012

A FESTA DE SAMAÍN.


A  noite do día trinta e un de outubro celebramos en Galicia o coñecido “SAMAÍN” onde nos difrazamos de personaxes de medo, os nenos pequenos fan as suas cabazas para levar a festas ou poñer nas súas casas co fin de asustar pola noite, comemos castañas todos xuntos e tamén recordamos a todos aos  seres queridos que xa non están connosco.



A pesares de ser unha tradición celta na súa orixe a expansión que tivo por todo o mundo fixo que se situase na súa meirande parte nos Estados Unidos onde recibe o nome de “Hallowen” provocando que en moitos casos ese día sexa identificado por ese nome.
Nos últimos anos, desde as escolas de Educación Infantil e Primaria, estase a traballar para recuperar a celebración desta festa como podemos ver neste vídeo.


Desexo que nos vindeiros anos todos nós manteñamos viva esta tradición!


domingo, 21 de octubre de 2012

DOMINGO, 21 DE OUTUBRO.

DÍA GRANDE, DEFINITIVO,IMPORTANTE…. Miles de adxectivos poderíanse  utilizar para describir o día de hoxe o cal pode ser  histórico se se produce  un cambio na política deste país.

Desexo que isto se cumpra para que nun futuro próximo poidamos vivir nun estado de benestar onde  TOD@S teñamos cubertos  os servizos mínimos dunha forma  pública, non só  tendo este privilexio uns cantos que teñen cartos.

Para  lograr isto  penso que o correcto sería votar o partido de  Alternativa Galega de Esquerda, un partido nacionalista, ecoloxista, anticapitalista… o cal ten as súas ideas moi claras.

Doutra banda creo que esta campaña electoral foi moi activa e participativa xa que os membros dos respectivos partidos fixeron o que estivo da súa man para acadar os máximo número de  votos posíbeis.

Sabemos que non todos tiveron as mesmas oportunidades  respecto aos medios de comunicación á hora de facer unha entrevista ou un debate.
Aquí tedes un enlace da voz de Galiza cunha noticia co cerre de campaña de cada partido e máis as súas expectativas cara ao futuro. 


Espero que hoxe pola noite recibamos unha moi boa nova …!